Na parroquia ferrolá de San Xoán de Esmelle localízase o castro de Tralocastro, que na actualidade está en terreos de titularidade municipal. Situado na cima dun montículo, o castro estivo defendido na antigüidade por tres recintos concéntricos. Hoxe o castro non é visitable ao estar invadido por unha densa vexetación. 

Vista aérea do castro de Esmelle (Ferrol), decembro 2022. Foto/vídeo: Eloy Taboada.

A Cátedra, coa correspondente autorización da Xunta, converteu no verán de 2023 este castro nun xacemento escola para formar as futuras xeracións de arqueólogos e arqueólogas de Galicia no marco dun proxecto de arqueoloxía pública ou en comunidade.