EXPOSICIÓN. Cisxordania. Arqueoloxía con corazón
feb.
2
a 17 mar.

EXPOSICIÓN. Cisxordania. Arqueoloxía con corazón

Cisxordania é un neolatinismo que fai referencia ás terras situadas ao oeste do río Xordán. Os ingleses chámana West Bank, a ‘Ribeira Occidental’. Ocupa unha superficie total de 6561 km2 e nela viven máis de tres millóns de persoas. Xunto con Xerusalén oriental e a franxa de Gaza, conforma hoxe os Territorios Ocupados Palestinos, cuxas fronteiras son as establecidas en 1967 tras a Guerra dos Seis Días.

Esta é unha terra cun pasado moi antigo, que desde o século XIX seduciu a arqueólogos e historiadores por ser, entre outras cousas, o escenario das narracións bíblicas. En Cisxordania atópanse lugares arqueolóxicos e históricos con ecos bíblicos tan importantes como Xericó, Samaría, Siquem, as cidades vellas de Belén, Hebrón/al-Khalil, Nablus etc.

No medio da violencia, dun conflito territorial que dura xa varias décadas, españois, portugueses e palestinos (Universidade da Coruña, Universidade Nova de Lisboa e Ministerio de Turismo e Antigüidades de Palestina) conseguimos obrar un pequeno milagre: abrir un espazo de liberdade reservado ao estudo dunha historia común. Entre 2017 e 2022, logramos xerar un pouco de ilusión en Tell el-Far’a, un sitio histórico preto da cidade cisxordana de Nablus, traballando de xeito conxunto con Dua’a, Sufyan, Maher, Bassam, Hayat, Mirvat, Seema, Niveen e Haneen. Elas e eles son o factor humano, palestino, dunha arqueoloxía que se exerce contra corrente nunha zona marcada pola violencia. Elas e eles son a esperanza dunha nova Palestina, aínda en construción. Elas e eles fan moito máis que arqueoloxía. Son os rostros dunha arqueoloxía con humanidade, con dignidade, con corazón, captados con toda a súa expresividade polo fotógrafo ferrolán José Pardo.

Organiza: Proxecto Arqueolóxico de Tell el-Far’a, Palestina (UDC, UNL e MoTA, www.tellelfara.com).

Foto: José Pardo (archivo TEFAP).

Ver evento →
EXPOSICIÓN: ORIXES II
ene.
19
a 17 mar.

EXPOSICIÓN: ORIXES II

Despois de “Orixes I. Ferrol castrexo”, do 19 de xaneiro (inauguración ás 19.30 h) ao 17 de marzo o Centro Torrente Ballester, de Ferrol, acollerá a exposición temporal “Orixes II. Castro de Esmelle”, organizada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Concello de Ferrol-UDC. A mostra consta dun audiovisual, de paneis explicativos e de vitrinas nas que se mostrará aos visitantes algúns dos achados (cerámica, metais, obxectos de pedra etc.) realizados no castro ferrolán de Esmelle, coñecido como Tralocastro, durante a escavación arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.

Ver evento →
Conferencia sobre el castro de Esmelle
nov.
18

Conferencia sobre el castro de Esmelle

En el marco de las jornadas sobre patrimonio cultural, organizadas por la AVV de Esmelle, presentaremos los primeros resultados sobre las excavaciones auspiciadas por la Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial UDC-Concello de Ferrol este verano en el castro de Tralocastro. Samuel Nión, director de la excavación, nos presentará los nuevos datos obtenidos en esta primera intervención. Os esperamos.

Ver evento →
III JORNADA "EX ORIENTE LUX"
sept.
22

III JORNADA "EX ORIENTE LUX"

Cerámica de la Edad del Hierro, Tell el-Far’a (Palestina). Foto: J. Pardo.

ARQUEOLOGÍA GALLEGA EN EL EXTERIOR: ORIENTE PRÓXIMO Y NORTE DE ÁFRICA

9.45 h. Acto de apertura

10.00-11.00 h. Ponencia invitada “Jean Margueron”

“De Jericó a Babilonia: de la aldea neolítica a la ciudad”, Miquel Molist Montaña

11.00-12.00 h. “Entre las montañas de Judá y las de Samaría: el proyecto arqueológico de la UDC en Palestina”, Juan Luis Montero Fenollós

12.00-12.30 h. Pausa

12.30-13.30 h. “Tahaddart: la producción de salazón y su comercio en la fachada atlántica marroquí en época romana”, Adolfo Fernández Fernández

16.00-17.00 h. “La astrología en los manuscritos del Mar Muerto”, Jaime Vázquez Allegue

17.00-18.00 h. “Las colecciones de antigüedades próximorientales en Galicia: origen y evolución”, Lucía Brage Martínez

18.00-18.30 h Pausa

18.30-19.00 h. “Jean Margueron y su contribución a la arqueología del Próximo Oriente: in memoriam”, Juan Luis Montero Fenollós, Béatrice Muller-Margueron

19.00 h. Entrega de diplomas y clausura 

Inscripción

Inscripción por e-mail: slg.estudiosmesopotamicos@gmail.com

Matrícula: hasta 15 de septiembre.

Socios/as de SLGEM: gratuita.

Alumnado UDC y Sénior: 8 euros.

Otros: 15 euros.

Los ponentes

Miquel Molist Montaña, catedrático de Prehistoria (Universitat Autònoma de Barcelona).

Juan Luis Montero Fenollós, profesor titular de Historia antigua  (Universidade da Coruña).

Adolfo Fernández Fernández, investigador Ramón y Cajal (Universidade de Vigo).

Jaime Vázquez Allegue, profesor titular (CESAG, Universidad Pontificia Comillas).

Lucía Brage Martínez, Dra. especializada en coleccionismo del Próximo Oriente antigo (SLGEM).

Béatrice Muller-Margueron, Investigadora emérita CNRS, Francia. 

Responsable de las jornadas:

Juan Luis Montero Fenollós / fenollos@udc.es / tél. 881 01 3833

Secretaria e información:

Lucía Brage Martínez / slg.estudiosmesopotamicos@gmail.com

Ver evento →
Conferencia y presentación de libro sobre los Manuscritos del Mar Muerto
jun.
2

Conferencia y presentación de libro sobre los Manuscritos del Mar Muerto

Conferencia-Presentación del libro Los Manuscritos del Mar Muerto. La fascinante historia de su descubrimiento y disputa (Arzalia ediciones).

Con la participación del autor del libro, el biblista y profesor ferrolano Jaime Vázque Allegue (CESAG-Universidad Pontificia Comillas).

Salón de Grados, Facultade de Humanidades e Documentación, campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre. 19.30 h.

Acitividad organizada en colaboración con la Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos.

Ver evento →
Gallaecia e os primeiros séculos do cristianismo (II): Prisciliano
may.
12

Gallaecia e os primeiros séculos do cristianismo (II): Prisciliano

Conferencia: “Prisciliano de Ávila: ¿disidente cristiano o heredero de Zoroastro?”.

Diego Piay Augusto, profesor de Historia Antigua de la Universidad de Oviedo.

Sala de Graos, Facultade de Humanidades e Documentación, UDC, Campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre, 19.30 h.

Prisciliano, de origen probablemente galaico, vivió en la segunda mitad del siglo IV. Fue un personaje controvertido, que ha sido visto como un hereje, un reformador, un mártir apócrifo o un cristiano inconformista y disidente.

Ver evento →
Gallaecia e os primeiros séculos do cristianismo (I): Exeria
may.
9

Gallaecia e os primeiros séculos do cristianismo (I): Exeria

Conferencia: “Exeria, viaxe a Terra Santa”.

Eduardo López Pereira, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e catedrático de Filoloxía Latina da UDC.

Sala de Graos, Facultade de Humanidades e Documentación, UDC, Campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre, 19.30 h.

Exeria foi unha escritora da antiga Gallaecia que nos deixou un precioso relato da viaxe que empredeu, a finais do século IV, ó Próximo Oriente para visitar os lugares santos.

Actividade organizada en colaboración coa Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos.

Ver evento →
Xornada de arqueoloxía subacuática
abr.
27

Xornada de arqueoloxía subacuática

“O que ocultan as augas da ría de Ferrol”

17.00-18.00 h. “La arqueología marítima romana en el golfo Ártabro”.  

18.00-18.30 h. Pausa. 

18.30-19.30 h. “Los restos de la Armada Invencible en la ría de Ferrol”.

 A cargo de David Fernández Abella (Grupo de investigación Ecopast, USC)

Salón de Graos, Facultade de Humanidades e Documentación, UDC, campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre. 17 h.

Ver evento →
A muller romana na Gallaecia
mar.
27

A muller romana na Gallaecia

Proxección do documental “A muller romana na Gallaecia”, dirixido por María José Bravo coa asesoría científica de Susana Reboreda. As dúas profesoras da Universidade de Vigo intervirán nun debate sobre este audiovisual, que mostra as condicións de vida das mulleres á chegada dos romanos ao noroeste peninsular e a súa evolución posterior, sendo a figura de Exeria (s. IV d.C.) o fío condutor da historia.

Resumo do documental: Promo A Muller romana na Gallaecia on Vimeo

Salón de Graos da Facultade de Humanidades (UDC), campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre. 19.30 h.

Ver evento →
Presentación de libro sobre arqueoloxía en Siria e Palestina.
mar.
3

Presentación de libro sobre arqueoloxía en Siria e Palestina.

Presentación do libro Haciendo historia. La expedición arqueológica de la UDC en Siria y Palestina de Juan Luis Montero (textos), José Pardo, Víctor Rivera e Eloy Taboada (fotos). Durante o acto proxectarase un audiovisual montado por Jesús Busto.

Aos asistentes entregaráselles un exemplar gratuíto da obra.

Salón de Graos da Facultade de Humanidades (UDC), campus de Esteiro, Ferrol. Entrada libre. 19.30 h.

Actividade organizada en colaboración coa Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos.

Ver evento →
Exposición. “Orixes. Ferrol castrexo”. Centro Torrente Ballester. 28.12.22 / 28.02.23. Prorrogada.
dic.
28
a 19 mar.

Exposición. “Orixes. Ferrol castrexo”. Centro Torrente Ballester. 28.12.22 / 28.02.23. Prorrogada.

A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, creada recentemente de forma conxunta pola Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol, inicia oficialmente a súa actividade coa inauguración da exposición Orixes no centro cultural Torrente Ballester da rúa Concepción Arenal. A exposición propón un percorrido polo «Ferrol castrexo», poñendo o foco nos distintos enclaves do municipio, as intervencións arqueolóxicas que se levaron a cabo ata o momento e algunhas das accións previstas no marco da cátedra, como a escavación do castro de Esmelle.

Ver evento →